salceda 2017

O verán chega a Salceda coa apertura das piscinas municipais

Os máis cativos son, sen dúbida, o que máis gozan nas piscinas Os máis cativos son, sen dúbida, o que máis gozan nas piscinas

A partir do vindeiro mércores 1 de xullo, as piscinas municipais de Salceda de Caselas abren as súas portas a través da realización de cursiños de natación que terán lugar de luns a venres en horario de 10:00 horas a 15:00 horas.

Os horarios dos cursos, dependerán da idade e o nivel de cada un dos alumnos e alumnas. O custe mensual será de 25 euros para nenos e nenas de 4 a 14 anos e de 30 euros para os que superen esa idade. A inscición de xullo xa está pechada, pero todas as persoas que o desexen poderán realizar a inscrición para o mes de Agosto na Casa da Cultura en horario de 9:00 horas a 20:00 horas.


Ademáis no horario de 15:00 horas a 21:00 horas, as persoas que así o queiran poden facer uso do baño libre cun custe de 1,20 € para maiores de 16 anos, e de 0,90 € para os que superen os 9 anos de idade, tal e como se viña facendo en anos anteriores, de luns a domingo.

O Concello de Salceda de Caselas salienta que é fundamental "fomentar o deporte e as actividades para todas as idades", como forma de conseguir unha mellor calidade de vida.