salceda 2017

O PP podería gobernar en Salceda ao romperse as negociacións entre MS e PSOE

PSOE e Movemento Salceda veñen de romper negociacións lago da terceira reunión convocada, ao igual que as anteriores, por parte de MS para perfilar un posible pacto de goberno. Segundo Movemento Salceda, a comisión negociadora do PSOE "mantivo a posición de votar a Verónica Tourón para o posto de Alcaldesa", avalados pola decisión da Asemblea da Agrupación Socialista de Salceda, que segundo trasladou a comisión, "aprobou ata en tres ocasións por unanimidade a postulación de Tourón".

O acordo está ademáis avalado pala executiva provincial socialista, tal como trasladou a propia Verónica Tourón, que tamén forma parte da comisión negociadora. "A decisión inamovible por parte do PSOE", asegura MS, "imposibilitou incluso o debate do proxecto de goberno e do posible pacto a pesar de ter sobre a mesa documentos para o debate aportados por ambas formacións".

A comisión de MS amosouse "sorprendida" pala posición inamovible do PSOE que, aseguran, "cambiou de postura despois de afirmar ante mesmo nunha entrevista da propia Verónica Tourón que a alcaldía non era o máis importante, senón que se iban basear no proxecto de goberno e de futuro".