salceda 2017

O Goberno de Salceda solicitará a mediación para resolver o conflicto laboral

O Goberno de Salceda de Caselas ao completo O Goberno de Salceda de Caselas ao completo

Tal como xa anunciara antes das elección municipais, o equipo de goberno de Salceda de Caselas iniciará os trámites para someterse ao servizo de mediación e rematar así co conflicto laboral do Concello. O equipo de goberno cumple así co seu compromiso, recollido no pacto de goberno asinado polas dúas forzas (MS e PSOE) para esta lexislatura, e no que se especificaba a necesidade de intentar solucionar a situación laboral e as solicitudes trasladadas por parte do cadro de persoal municipal.

A alcaldesa, Loli Castiñeira, que ademáis ostenta a área de Persoal, trasladoulle xa ao cadro de persao municipal, nunha reunión informativa o pasado 27 de xuño, a intención de acudir ao servizo de mediación, polo que en breve se procederá ó inicio das xestións pertinentes.

O equipo de goberno pretende así chegar a un acordo, polo que lles pide aos traballadores e traballadoras municipais un marxe de confianza para que poida botar a andar o proceso. Con todo, o goberno "e partidario de levar a cabo a mediaciòn no momento no que realizen as eleccións sindicais correspondentes e agarda chegar a un acordo cos Sindicatos nese senso", conclúe o executivo local de Salceda.