salceda 2017

O 24 de setembro comeza 'Caselas con C de comedia'

Dende o 24 de setembro e ata o 11 de decembro, Salceda de Caselas acollera a primeira edición do Ciclo de Humor ‘Caselas con C de Comedia’, organizado por ACISA coa colaboración do Concello de Salceda de Caselas. Este ciclo, que se desenvolverá no Auditorio Municipal, contará coa participación de catro dos máis prestixiosos monologuistas do momento como son David Amor, Manuel Manquiña, Carlos Blanco e Quique San Francisco.

A primeira das actuación deste ciclo de humor Caselas con C de Comedia terá lugar o día 24 de setembro e correrá a cargo do humorista e actor salcedense David Amor que, a bo seguro, demostrará a falsidade do refran que ninguén é profeta na súa casa.

O 15 de outubro será a quenda de Manuel Manquiña, para seguir o día 19 de novembro con Carlos Blanco e o máis puro humor galego para rematar, o día 11 de decembro, por todo o alto, coa actuación de Quique San Francicisco.

Todas as actuacións terán lugar no Auditorio Municipal de Salceda de Caselas ás 21 horas e o prezo das entradas é de 10 euros no caso de que se merquen con anticipación e de 12 euros se se retiran na billeteira do propio Auditorio Municipal.

Para aqueles que non queren levar sorpresas e atoparse sen localidade a última hora, as entradas poden mercarse en Tapería El Cocinillas, na rúa Doutor Zunzunegui, 23 de Salceda de Caselas; Vagalume Cafe-Concerto, rúa Marqués de Viana, 15, Salvaterra de Miño e O Túnel Tapas, na Praza Maior 31 de Ponteareas.