salceda 2017

Salceda habilita un local de ensaio para os grupos musicais

A estructura da antiga depuradora volverá a ser novamente de utilidade… desta volta como local de ensaio para os grupos musicais de Salceda A estructura da antiga depuradora volverá a ser novamente de utilidade… desta volta como local de ensaio para os grupos musicais de Salceda

O Concello de Salceda de Caselas traballa na habilitación do edificio da antiga depuradora, de cara a súa transformación nun local de ensaio para os moitos grupos de música con que conta o municipio. O local, segundo sinalaba a Comarcas na Rede a concelleira de Cultura, Teresa Pérez, "reúne as características precisas para os grupos aos que vai dirixido”.

A concelleira de Cultura, Teresa Pérez, explicaba que a estrutura da antiga depuradora, cumpría con dous requisitos moi importantes “permitir a súa fácil reconversión e que estar un tanto afastado das vivendas, co que se evitan as molestias que puidera ocasionar”.

A existencia dun local de ensaio, dotado coas instalacións esixibles a este tipo de instalacións, permite o “desenvolvemento da creatividade musical dos nosos mozos e mozas”, asegura Teresa Pérez, e da resposta “a numerosas peticións formuladas por diversos colectivos neste sentido”.

Ten as características precisas para os grupos aos que vai dirixido
A música, como expresión artística e vehículo de cultura, precisa apoios e, neste caso, nada mellor que dotar aos veciños e veciñas, dun local onde poder facer os necesarios ensaios.