salceda 2017

Cristian de Samil actuará en Salceda o 19 de marzo

A Asociación de Mulleres Rurais de Salceda de Caselas organiza, para o vindeiro domingo, 19 de marzo, un espectáculo a cargo de Cristian de Samil. A actuación terá lugar ás 19:00 horas no Auditorio Municipal.

Poucos son os que nunca escoitaron falar de Cristian de Samil, que se ten convertido nun referente no mundo do espectáculo da cidade de Vigo. Cristian leva case 20 anos namorado de Vigo. Aínda que naceu en Elda, na provincia de Alacante, recoñece que se sente moi vigués. Comezou a súa andaina en Vigo na rúa Colón, nun lugar que por aquel entón se chamaba O Candilejas, ata que un bo día foron a buscalo do Hotel Samil ofrecéndolle realizar o seu espectáculo en exclusiva para o hotel, lugar onde actualmente realiza o seu espectáculo de transformismo baixo o nome de Cristian de Samil.

A Asociación de Mulleres Rurais ofrece agora unha oportunidade única de acudir a un espectáculo deste nivel no Concello de Salceda de Caselas, para o que xa ten postas as entradas á venta en varios establecementos do municipio: Bar Ozores, Bodeguilla Z9, Carlos Pérez ou dirixíndose a calquera das compoñentes da directiva da Asociación. O custe da entrada é de 10 €.

A Asociación pretende que o espectáculo se convirta nunha gran festa para as mulleres e para todo aquel que queira achegarse a pasar unha tarde divertida e de bo humor.