salceda 2017

O PP de Salceda denuncia o "abandono" do Parque Etnográfico Fonte-Muíños do Regueiro

O PP de Salceda visitou o pasado fin de semana o Parque Etnográfico Fonte-Muiños do Regueiro na parroquia de Santo Estevo de Budiño, , polo que discorre a Senda dos Humedais, e constatou o que cualifican de “estado de lamentable abandono no que se atopa”. Segundo o voceiro do grupo popular, Santiago Rodríguez Davila, “o parque etnográfico inaugurouse hai case tres anos e a maleza está xa invadendo a senda polo que camiñar por ela é practicamente inviable”.

Rodríguez Davila explica que “os muíños, dos cales dous son aulas didácticas, teñen os tellados cheos de vexetación e as portas cheas tamén de telarañas”. O voceiro popular matiza que “todas as melloras que teñan lugar no municipio son sempre benvidas pero non soamente hai que facelas senón mantelas”.

O Parque Etnográfico Fonte- Muiño do Regueiro foi inaugurado cun orzamento de 119.300 €, dos que case 77.000 € foron procedentes de fondos da Xunta de Galicia (AGADER). O Concello de Salceda soamente aportou 17.450 € e “paradoxicamente”, afirma o portavoz do PP, a Comunidade de Montes aportou moito máis, 25.000 €.