Mos xa ten a súa primeira Campioa de España de Xadrez

 Con tan só oito anos de idade, a mosense Maia Pérez Souxa forma parte xa da selectiva lista –con menos de dez nomes– de galegos e galegas que foron Campións de España de Xadrez. A xadrecista do Club Xadrez Mos, que acadaba este título o domingo 23 de xuño, foi recibida hoxe pola alcaldesa de Mos Nidia Arévalo á que acompañaban o seu adestrador e tesoureiro do Club Xadrez Mos, Brais Otero Nogueira; o seu pai e secretario do Club Xadrez Mos, César Pérez Novás e a concelleira de Deportes, Begoña Toucedo.

O Ameixoa F. C. protagonizará o 'Estourazo' en Salceda

O Ameixoa F. C. é o colectivo escollido este ano para dar o pistoletazo de saída ás festas do Cristo de Salceda. A cita será o vindeiro sábado 20 ás 22:00 horas no balcón da Casa da Cultura Castelao, donde os compoñentes do club serán os encargados de disparar o xa tradicional 'estourazo', que este ano chega á súa décima edición.

O Porriño aranxa o campo de San Campio para a estrea do Pontellas en Terceira

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, acompañada da concelleira Lourdes Moure e de Julio Bernárdez, xerente do departamento de Deportes do Concello visitaron as obras que a administración municipal está a realizar nos campos de fútbol e vestiarios de San Campio. Actualmente están a realizarse tarefas de pinchado para aireación do céspede e capa vexetal do campo de herba natural.

Susana Seivane, plato forte do Verán Cultural de Salceda

A Concellaría de Cultura e Festas do Concello de Salceda de Caselas, dirixida por Alex Rodríguez, vai poñer en marcha un ano máis a programación de verán que desembocará nas Festas do Cristo, e que o concelleiro presentou esta mañá acompañado da alcaldesa, Loli Castiñeira. O Concelleiro amosouse moi agradecido coas diferentes asociacións do municipio que ano tras ano se ofrecen a subirse ao escenario para presentar os traballos realizados nos diferentes locais culturais das parroquias, e que permiten que se siga mantendo unha programación diaria que se extende ao longo de máis de duas semanas.

Mos aproba un Plan contra Incendios cunha relación de fincas a limpar polos propietarios

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Medio Ambiente, Leo Costas, informaron hoxe de que o Concello de Mos ven de aprobar un Plan Municipal de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais tras terse adherido ao convenio coa Consellería do Medio Rural, Seaga e a Fegamp. Dito Plan inclúe aproximadamente 15.000 fincas inventariadas que terán que se limpadas polos seus propietarios ou propietarias.

O Porriño inicia as actividades do campamento de verán

Este luns deu comezo no Porriño o Campamento de Verán 2019, organizado pola Concellería de Igualdade e que conta co financiamento da Deputación Provincial. O Concello promove esta actividade como medida de conciliación para as familias de Porriño de cara que os nenos e nenas poidan gozar de actividades lúdicas e didácticas durante a xornada laboral dos seus proxenitores.

Suscribirse a este canal RSS