O BNG non pecha as portas para un pacto de goberno no Porriño

Ante ás afirmacións de Eva García De La Torre nos medios de comunicación sobre as negociacións que manteñen abertas o BNG e PSdG para un acordo de goberno, os nacionalistas reclaman da alcadesa do Porriño "prudencia sobre o contido e o avance das negociacións". O BNG asegura "manter aberta a vontade de que haxa un pacto de goberno" aínda que advirten "este pode darse ou non".

O PsdeG-PSOE entra nun goberno de coalición en Salceda

Os concelleiros socialistas incorporaranse o próximo luns 1 de Xullo á actividade diaria do goberno municipal. A agrupación local do PSdeG-PSOE tomou a decisión de formar un goberno tras o resultado das pasadas eleccións municipais nas que as forzas de esquerda obtiveron a maioría. O obxectivo foi acadar un acordo de gobernabilidade, cumprindo co dito en campaña: “Non imos apoiar cos nosos votos unha alcaldía de Marcos Besada” e “votar o PSOE é non volver ós 32 anos de atraso do Partido Popular” segundo manifestou a nosa candidata en todos os mitins.

MS e PSdeG-PSOE asinan o acordo para o Goberno do Concello de Salceda

Loli Castiñeira (Movemento Salceda) e Verónica Tourón (PSdeG-PSOE) asinaron o acordo de Goberno para o Concello de Salceda de Caselas que, tal e como xa se adiantou tras o pleno de investidura, terá unha alcaldía rotatoria iniciando o mandato Loli Castiñeira e continuando a socialista Verónica Tourón dentro de 2 anos.

A Audiencia Provincial anula a sentenza que absolvía á alcaldesa do Porriño

A Sala Cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra vén de anular a sentenza dictada polo Xulgado Penal Nº 1 de Pontevedra que absolvía a Eva García de la Torre, alcaldesa do Porriño, dun presunto delito de falsedade en documento oficial a raiz dunha denuncia interposta por uns particulares durante o seu exercicio profesional como avogada. Eva García expresou a súa "confianza na xustiza" e asegurou que esta decisión da Audiencia "“non afecta a miña actividade política nin a meu cargo como alcaldesa e polo tanto manteño a folla de ruta para a formación de novo goberno municipal de Porriño".

Porriño inicia a colocación de xaulas para controlar a poboación de pombas na vila

Persoal especializado da empresa Rentokil comezou a colocación de xaulas que permitan controlar a poboación de pombas. Unha delas foi instalada no edificio abandoado de Instalauto, ao carón da Praza Central. Precisamente nese punto do casco urbano, así como noutros, producironse queixas reiteradas de taxistas, locais de hostalería e moitas comunidades de veciños de edificios o que motivou que o Concello de Porriño, ante estas peticións contratase á empresa para controlar a poboación de pombas mediante métodos de loita biolóxica.

'I Festival Daquelas que Cantan'. A Voz das Mulleres no Camiño Portugués

A partir de mañá Malvela e Uxía poranlle o broche final ás Festas da Rosa 2019 co I Festival Daquelas que Cantan. A Voz das Mulleres no Camiño Portugués, que se celebrará mañá venres 21 e o sábado 22 de xuño no Pazo de Mos. Contará con concertos de Malvela en homenaxe á Señora Carmen, Uxía, Celina da Piedade (Portugal), Kátya Teixeira (Brasil), Zaragateiras, Arume, Ergutío... entre outros.

Suscribirse a este canal RSS