O Porriño concéntrase en repulsa polo crime machista de Villalba

Eva García, alcaldesa do Porriño presidiu este mediodía a concentración de repulsa polo crime machista acontecido onte en Vilalba. O acto celebrouse diante do Concello, na praza Arquitecto Antonio Palacios coa presenza de veciñas, veciños e representantes dos grupos políticos da corporación municipal do Porriño.

Mos aposta pola seguridade infantil nos vehículos

O departamento municipal de Política Social do Concello de Mos organizou hoxe, en colaboración coa Policía Local, unha charla sobre Sistemas de Retención Infantil nos vehículos que tivo lugar esta mañá no Centro de Saúde de Mos, no Rebullón. No encontro a Policía explicou que “cada día, nas nosas estradas, prodúcense accidentes de tráfico que teñen consecuencias fatais para os menores debido ó uso inadecuado dos sistemas de retención ou a falta dos mesmos".

A Xunta comprométese a presentar en tres meses a mellora da travesía da Vaquería

A Xunta de Galicia tén de prazo ata o 11de outubro para presentar un proxecto de mellora da seguridade viaria na travesía do barrio A Vaquería, en Budiño, segundo o compromiso adquirido a pasada semana, polo director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, ante a alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, e unha representación veciñal nun un encontro celebrado en Vigo na sede da Delegación Territorial da Xunta.

O Penedo Redondo mellora as súas instalacións para a vindeira tempada

O Concello de Salceda iniciará nestes días as obras da primeira fase do proxecto de mellora das instalacións deportivas municipais de Penedo Redondo, ubicadas na parroquia de Parderrubias. Nesta primeira fase contémplase a construción dunha sala de usos múltiples á que se accederá dende a fachada sur do edificio actual, na que se contará con un vestiario. Ademais crearase unha cantina con acceso dende o lateral do propio campo, xerando así percorridos diferenciados para espectadores/as e xogadores/as.

O Goberno de Salceda solicitará a mediación para resolver o conflicto laboral

Tal como xa anunciara antes das elección municipais, o equipo de goberno de Salceda de Caselas iniciará os trámites para someterse ao servizo de mediación e rematar así co conflicto laboral do Concello. O equipo de goberno cumple así co seu compromiso, recollido no pacto de goberno asinado polas dúas forzas (MS e PSOE) para esta lexislatura, e no que se especificaba a necesidade de intentar solucionar a situación laboral e as solicitudes trasladadas por parte do cadro de persoal municipal.

Suscribirse a este canal RSS