BNG e PSdG-PSOE asinan un acordo para dotar As Neves dun Goberno estable

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) e o Partido dos Socialistas de Galicia (PSdG-PSOE) das Neves chegaron a un acordo que permitirá dotar ao Concello dun Goberno local estable, integrado por seis concelleiras e concelleiros. Segundo o pacto asinado este luns, As Neves contará con seis departamentos e dúas tenencias de alcaldía.

O alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, dirixirá a Concellería de Dinamización Económica, Comercial, Laboral e Turística e que abrangue as áreas de Emprego, Formación, Contratación, Réxime Interior, Economía, Comercio, Turismo, Transportes, Patrimonio, Vivenda, Urbanismo e Participación e Mercado.

Marcelino Couto Martínez será o tenente de alcalde e responsables de Obras, Auga e Facenda, que inclúe: Vías, Obras, Augas, Saneamento, Alumeado e Facenda

Óscar González Álvarez será o 2º tenente de alcalde e concelleiro de Servizos Públicos, Medio, Innovación Tecnolóxica e Deporte. Este departamento será o encargado do Persoal, Parque Móbil, Tráfico, Medio Urbano e Rural, Parques e Xardíns, Tecnoloxía para a Administración e a Cidadanía e Deportes.

Pilar González Casas será a concelleira de Ensino e Benestar Social, a cargo de Ensino, Lingua, Servizos Sociais, Voluntariado e Sanidade.

Rocío Barreiro Rodríguez asumirá o departamento de Cultura, Mocidade e Comunicación. O mesmo abrangue Cultura, Mocidade, Ocio e Comunicación institucional.

Finalmente, Natividad Durán Pedrosa será a concelleira de Muller e Seguridade

Órganos de goberno
Pleno
As sesións plenarias celebraranse cada 2 meses no Salón de Plenos do Concello, sendo o 1º martes de cada mes impar ás 20:00 h a data ordinaria de celebración.

Xunta de Goberno Local
Estará composta polo alcalde e 3 concelleiros/as, resultando un total de 4 representantes, que serán: Xosé Manuel Rodríguez Méndez; Marcelino Couto Martínez, Óscar González Álvarez e Natividad Durán Pedrosa.