11.6 C
Pontevedra
Martes, 19 de Marzo de 2024
Máis
    HomeO CondadoMondarizMondariz abre a inscrición para actividade de rafting do 'Mondaverán Xove'

    Mondariz abre a inscrición para actividade de rafting do ‘Mondaverán Xove’

    Até o 20 de xullo está aberto o período de inscrición na segunda das catro actividades de aventura organizadas pola Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello de Mondariz para mozos e mozas de 13 a 18 anos. Trátase dunha experiencia de rafting en Arbo para un grupo reducido, polo que a inscrición previa é indispensable.

    Esta actividade forma parte do programa Mondaverán Xove, que durante os meses de xullo, agosto e setembro introducirá aos mozos e ás mozas participantes a experiencias de turismo activo en diversas localizacións naturais da comarca de Condado-Paradanta, como barranquismo (8 de xullo), rafting (22 de xullo), piragüismo (12 e 19 de agosto) e hidrospeed (2 de setembro). As saídas están programadas ás 10:00 horas desde a Casa do Concello. Tanto a actividade como o desprazamento están subvencionados, aínda que as persoas participantes deben levar a súa propia comida.

    Para solicitar inscrición na actividade de rafting do día 22 de xullo, as persoas interesadas deben contactar coa OMIX de Mondariz a través de teléfono (986 664 306 / 680 964 461) ou correo electrónico (omix@mondariz.gal) antes do 20 de xullo. O proceso de inscrición previa será pechado cando se completen as prazas dispoñibles e unha listaxe de agarda.

    Datas do Mondaverán Xove

    • 8 de xullo: BARRANQUISMO en Luneda (A Cañiza) 
    • 22 de xullo: RAFTING en Arbo 
    • 12 e 19 de agosto: PIRAGÜISMO nos ríos Tea e Miño 
    • 2 de setembro: HIDROSPEED en Arbo

    A estas actividades de verán súmanse outras de piragüismo e hípica para mozos e mozas de 7-14 e 4-17 anos, respectivamente, que tiveron unha enorme demanda e xa están en marcha; así como un programa de achegamento ao patrimonio natural denominado MONDARIZ NATURA que comezou o pasado 8 de xullo cunha xornada de observación astronómica e continuará o vindeiro 16 de xullo cunha xornada de limpeza do río Tea en piragua na praia fluvial do Val. Para máis información e inscricións, cómpre contactar coa OMIX de Mondariz.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.