A 'Ds Midnight Fashion Show' de Balneario de Mondariz volve convocar ao deseño galego

A Ds Midnight Fashion Show de Mondariz volve convocar ao deseño galego emerxente o venres 19 de xullo, ás 21:00 horas, nos xardíns do Balneario de Mondariz. O escenario elixido nesta ocasión será a terraza do edificio deseñado como Sanatorio polo arquitecto Antonio Palacios ao cumprirse 110 anos do proxecto. Desde hai seis anos a pasarela apoia desinteresadamente aos mozos creadores nun encontro anual ao redor da moda e o luxo, dentro do calendario nacional dos grandes eventos do sector.

Nun evento inicial, con acceso libre previa invitación, a Ds Midnight Fashion Show de Balneario de Mondariz, tratará de potenciar aos novos valores e dalos a coñecer no sector téxtil que estará presente nunha posterior cea privada onde se entregarán os galardóns Premio Balneario de Mondariz aos Novos Valores do Deseño Gallego e Premio Audaces de DS Automóbiles.

Imaxe da pasarela
Carlos Ramos, ilustrador de Ponteareas, foi o encargado de preparar este ano o cartel evento, iniciando unha colaboración por parte da organización da A Ds Midnight Fashion Show de Balneario de Mondariz cos artistas gráficos. Cun estilo moi próximo ao cómic, realiza a ilustración que é imaxe da pasarela lembrando os felices anos 20, vinculados á historia da vila termal de Mondariz.

Carlos Ramos foi alumno do pintor vigués Mingos Teixeira, é un dos creadores con máis futuro e acaba de presentar unha mostra de 19 obras en acrílico sobre papel que mostran a riqueza e beleza visual de faros galegos como o Faro das Illas Cíes e o Faro de #Finisterre, así como paisaxes urbanas de Vigo, Madrid, O Porto e Lisboa.

Un escaparate para o deseño galego máis novo
DS Automobiles, marca Premium do grupo PSA , patrocina desde o pasado ano a pasarela Mondariz Midnight Fashion Show que desde fai seis anos aposta polo apoio aos novos deseñadores galegos nun encontro anual ao redor do sector moda e luxo que se celebra nos xardíns históricos da vila termal de Mondariz. Mediante un acordo asinado con Balneario de Mondariz e DS Automobiles, a pasarela pasou a denominarse o pasado 2018 como DS Mondariz Midnight Fashion Show coa idea de axuntar esforzos para apoiar a tres dos sectores que marcan a economía galega: o turismo, personalizado na figura de Balneario de Mondariz como referente do termalismo europeo; a moda, a partir das novas promesas; e a automoción, cunha marca fortemente vinculada á esencia galega.

Este pacto supón afianzar a situación do evento no mapa de pasarelas nacionais de primeiro nivel tras anos de traballo en solitario por parte de Balneario de Mondariz e a colaboración do Concello de Mondariz Balneario que fixeron posible que esta cita sexa todo un referente no deseño novel da comunidade. Para DS Automobiles o obxectivo é fortalecer no mercado español a vinculación da marca francesa coa moda e as novas tendencias, deixando clara a súa aposta polo deseño, a innovación e o glamour.

Más en esta categoría: « O BNG a piques de desbancar ao PP