Mondariz Balneario

Os beneficios das augas do Balneario de Mondariz na prevención da vellez

Balneario de Mondariz acolleu un curso de preveción do envellecemento a partir das propiedades das aguas mineromedicinales. No marco da Cátedra de Hidroloxía Médica da Universidade de Santiago e a Asociación de Balnearios de Galicia, as xornadas foron dirixidas a futuros médicos, nas que se abordou o papel que cumpren os centros termais de cara a favorecer o envellecemento activo das persoas da terceira idade.

Mondariz Balneario acolle un encontro de altos directivos galegos

Balneario de Mondariz acolleu un novo encontro de altos directivos galegos organizado polo ie business school. Baixo o título 'Futuro do traballo...traballo do futuro' este workshop convocou a un total de 60 directivos das empresas máis destacadas das catro provincias galegas. Durante a xornada abordouse o impacto do cambio tecnolóxico nas facetas profesionais e persoais. I

César Gil, candidato do BNG á alcaldía de Mondariz Balneario

O BNG vén de designar a César Gil como candidato á alcaldía en Mondariz Balneario. O nomeamento decidiuse nunha concorrida asemblea celebrada nos pasados días, na que se debateu sobre a actualidade e o futuro da localidade. O actual Portavoz Municipal dos nacionalistas no concello balneario, logrou a confianza e o apoio unánime dos asistentes para encabezar por primeira vez a canduidatura do Bloque neste municipio.

O BNG logra a unanimidade en Mondariz Balneario na defensa da pediatría

Mondariz Balneario vén de aprobar por unanimidade unha iniciativa do BNG na defensa do servizo de pediatría. No Pleno extraordinario solicitado polo BNG para abordar esta cuestión, o seu portavoz municipal, César Gil, defendeu a necesidade de que “o goberno do PP na Xunta garanta a prestación do servizo de pediatría no Centro de Saúde de Mondariz”. A iniciativa do BNG aprobada solicita tamén “a reposición da pediatra nos períodos de baixas, vacacións ou traslados, coa finalidade de garantir un servizo sanitario infantil próximo”.

Balneario de Mondariz, elixido "destino nacional ideal para gozar da Noiteboa"

Os internautas españois non só apostaron por pasar este ano as tradicionais festas de Noiteboa e Nadal fóra de casa, a mesa posta, e seguindo a moda europea, senón que elixiron os destinos máis familiares e recomendables para dar este paso tan importante na tradición do noso país. Os usuarios de 20 minutos, do seu portal de viaxes, e un xurado de expertos sobre destinos gastronómicos elixiron a Balneario de Mondariz como o lugar preferido en toda a xeografía española.

Reunión informativa do BNG en Mondariz Balneario sobre a situación da pediatra

O BNG vén de convocar ás veciñas e veciños de Mondariz Balneario a unha reunión informativa sobre a situación na que se atopa a pediatría para as nenas e nenos da localidade. A xuntanza celebrarase este mércores 28 de novembro, ás 18:30 h na Sala da Cultura de Mondariz Balneario, na que tamén participarán portavoces da recen creada Plataforma en Defensa do Servizo de Pediatría "que o BNG apoia dende a súa recente creación", aseguran os nacionalistas.

Suscribirse a este canal RSS