Logo
Imprimir esta página

A Anpa do CIP de Mondariz, farta da baixa calidade da comida do comedor

Non é a primeira vez que a Anpa 'Río Tea' do CIP de Mondariz, chama a atención sobre a baixa calidade da comida "que a Xunta de Galicia envía ao comedor escolar". Por desgraza, como acontece a meirande parte das veces, a administración fai ouvidos xordos a unha demandas máis que xustas e máis que xustificadas. Así que hoxe, a Anpa deciciu organizar unha especie de "ata aquí chegamos" e decidiron non enviar aos alumnos e alumnas ao comedor.

Ao remate das clases, nenos e nenas concentráronse fora do recinto escolar e acompañados polas súas familias, desprazáronse ata o campo de fútbo, situado a carón do centro escolar, para realizar "un xantar campestre".

Cómpre salientar que o comedor do colexio de Mondariz conta con 248 usuarios e usuarias que comen a comida servida por un catering. Como sinalabamos, non é a primeira vez que a Anpa chama a atención sobre este feito, non só diante da Xunta de Galicia que como en outras moitas cousas 'nin está nin se lle espera', senón tamén á empresa encargada do servizo que, seguindo o exemplo da administración, tamén da a calada por resposta.

A Asociación de Nais e Pais avisa –por iso de que o que avisa non é traidor– que non van quedar de brazos cruzados e que seguirán reclamando "un servizo de comedor digno e que cumpra os requisitos de calidade e atención que se deben esixir a un servizo destas características.

© 2015 Comarcasnarede.es Todos los derechos reservados