Mondariz invítache a coñecer o seu patrimonio cultural e natural

O Departamento de Xuventude do Concello de Mondariz vén de organizar diversas actividades que teñen como obxectivo dar a coñecer o rico patrimonio, tanto natural coma cultural, que posúe o municipio. As actividades, que se desenvolverán ao longo dos meses de agosto e setembro e que están incluídas no programa cultural de verán, teñen carácter totalmente gratuíto e estan abertas á participación de todas as persoas maiores de 14 anos.

A primeira das actividades que terá lugar venres 2 de agosto, será a Visita nocturna ao Cemiterio Municipal, e a inscrición pode realizarse ata o mércores 31 de xullo.

As seguintes visitas previstas para o mes de agosto serán os venres 9, 23 e 30 de agosto con tres interesantes propostas: Os petroglifos Pé de Mula en Sabaxáns; o Cemiterio de Riofrío e, finalmente, unha non menos intersante visita guiada aos Petroglifos de Gargamala.

Doutra banda, o Concello de Mondariz desenvolverá tamén dúas atractivas actividades que permitirán coñecer o entorno natural dende a auga e a terra. Así, o 10 de agosto terá lugar a Ruta en Kaiak con saída dende a praia do Ceo. Xa no mes de setembro, celebrarase unha ruta en bici con saída dende a praia fluvial do Val.

En todas as actividades, as prazas son limitadas polo que compre realizar inscrición previa que ten carácter gratuíto. Para máis información e inscricións, interesados e interesadas pode pasar pola Omix Mondariz, chamar ao 986 664 306 (de luns a venres de 9 h a 14 h) ou enviar un mail a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. cos seus datos persoais: Nome e apelidos, idade, teléfono e correo electrónico de contacto e actividade/es na que estean interesados/as).