Mondariz

Curso de carretilleiro en Mondariz

Ata o día 18 de maio estará aberto o prazo para que interesados e interesadas se poidan inscribir no curso de carretilleiro que organiza a Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Mondariz. O Curso desenvolverse entre o 19 e 21 de maio cunha duración de 32 horas lectivas.

BNG-AA Mondariz, candidatura "renovada e implicada"

O BNG-Asembleas Abertas de Mondariz ven de presentar en sociedade a candidatura coa que concorre ás vindeiras eleccións do 24 de maio, nun acto celebrado no Centro Socio-Cultural de Queimadelos, a parroquia máis pequena do Concello, que ven sendo gobernada con maioría polos nacionalistas dende fai oito anos.

Morre un home ao envorcar o tractor que conducía

Un home de 52 anos, que responde ás iniciais C.G.G. e veciño de Mondariz Balneario, morreu ao mediodía na parroquia de Sabaxáns, do municipio de Mondariz ao saírse o seu tractor da estrada e caer por un desnivel duns cinco metros.

Cortes na PO-252 Mondariz-Moscoso para mellorar o trazado

 A estrada PO-252 Mondariz-Moscoso permanecerá cortada ao tráfico en xeral, agás para o transporte escolar, entre os puntos quilométricos 2+000 e 2+600 ata o 18 de maio aproximadamente debido ás obras de mellora de trazado que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas está a executar.

Suscribirse a este canal RSS