Ponteareas abre a inscrición para participar nas actividades de «Voltea»

A Concellería de Mocidade do Concello de Ponteareas, que dirixe a nacionalista Verónica Carrera, vén de anunciar a apertura da inscrición para poder formar parte do «Voltea» (Voluntariado Municipal) e participar nas múltiples actividades que organiza. A inscrición está aberta a todos os mozos e mozas con idades comprendidas entre os 16 e 30 anos de idade.

Prantas aromáticas, deseño de roteiros, formación en educación ambiental e interpretación, mediadores xuvenís, compostaxe, conservación dos ríos, eliminación de plantas invasoras e un longo etcétera de actividades formativas que se desenvolven, ao longo do ano, por parte dos voluntarios e voluntarias de Voltea, permitirán que, por unha banda, completen o seu curriculum e, por outra, que poidan acretidar as horas de voluntariado para créditos universitarios.

Entre as actividades que desenvolve voltea tamén se atopan o denominado «Paseo de Jane» unha interesantísima iniciativa, cada día máis extendida, que homenaxea á activista e urbanista Jane Jacobs desenvolvendo accións e percorridos polas cidades e pobos de todo o mundo co obxectivo de reivindicar as rúas e prazas como espazo público de convivencia e encontro.

As interesadas e interesados deben inscribirse nas oficinas do Voluntariado Municipal, situadas no primeiro andar do Centro Social de Ponteareas de 09:30 h a 13:30 horas, no enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no teléfono 673 794 760.

A concelleira Verónica Carrera convida a toda a mocidade "a aproveitar estas actividades lúdica e formativas que redundan no benestar de toda a veciñanza".