«Defendendo o Tea» continúa a súa loita por un Tea limpo

O pasado ano, Defendendo o Tea traballou arreo para limpar o que os energúmenos habituais, tiraron ao canle e beiras do Tea O pasado ano, Defendendo o Tea traballou arreo para limpar o que os energúmenos habituais, tiraron ao canle e beiras do Tea

O vindeiro domingo, 30 de setembro, «Defendendo o Tea» colaborará, como xa o fixo en anos anteriores, co «Proxecto Ríos» de Adega. Con esta participación, «Defendendo o Tea» mantén o seu compromiso de loitar por un Tea, incluído no espazo Rede Natura 2000, limpo e sen lixo.

A asociación anima a todos e todas a participar neta Limpeza Simultánea de Ríos que chega xa a súa novena edición. O lugar de encontro en Ponteareas será a ponte de San Roque e, dende ali organizarase aos e ás participantes para "retirar todo o lixo que nos sea posible". As persoas interesadas en obter máis información poden facelo no teléfono 696 65 50 89. É, segundo os organizadores, "hora de colaborar e mollarse polo Tea".