Ponteareas abre a inscrición para o obradoiro de habilidades sociais na busca de emprego

A concelleira en funcións de Benestar Social, Igualdade e Mocidade, Verónica Carrera, vén de dar conta da apertura do prazo de inscrición no obradoiro para adquirir habilidades sociais na procura de emprego enmarcado, un obradoiro enmarcado no 'V plan de igualdade local de oportunidades entre mulleres e homes do concello de Ponteareas'.

O prazo de inscrición remata mañá 18 de xuño e a duración do curso será de seis horas teórico e prácticas repartidas en dous días, o 19 de xuño de 10 a 13 horas e o 27 de xuño de 10 a 13 horas, ámbolos dous días no centro municipal ASPRODICO.

As interesadas deben matricularse escaneando o código QR do cartaz ou accedendo a través desta ligazón. Para obter máis información deberán dirixirse ao enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no teléfono 981 57 64 69. Este curso está dirixido a mulleres maiores de 16 anos.