Ponteareas convida a coñecer as herbas aromáticas de San Xoán

O concello de Ponteareas vén de convidar a todos os veciños e veciñas a coñecer as herbas arómaticas de San Xoán, nunha actividade que terá lugar este vindeiro venres, 21 de xuño, no local da Asociación de Veciños de Canedo.

O educador ambiental Marcelo Rodríguez ofrecerá unha charla na que os e as participantes terán ocasión de coñecer as herbas tradicionais, as lendas, as propiedades e o xeito como debemos tratar estas herbas tan aromáticas coma demandadas.