ACiP esixe o cumprimento do acordo plenario sobre a exención do imposto de Plusvalía

O Grupo Municipal de Alternativa Ciudadana de Ponteareas, ACiP, a través do seu portavoz, Juan Carlos González Carrera, pedirá no pleno deste martes 30 de xullo, o cumprimento do acordo plenario aprobado en novembro de 2017 polo Pleno da Corporación, polo que se bonificaba nun 95% ás herdades recibidas polos fillos. Segundo González Carrera, o incumplimento dos acordos plenarios "supón un desprezo por parte do Goberno cara aos concelleiros e concelleiras da oposición".

González Carrera cualifica de "lamentable" que non se cumpra un acordo plenario "que aprobaba a bonificación dun imposto, cando menos inxusto, que teñen que pagar os fillos cando reciben a herdade dos seus pais e que, en casos, pode chegar aos 6.000 euros".

O portavoz de ACiP lembra que "existen diferentes sentenzas que anulan dito imposto e, no caso de Ponteareas, dito imposto segue a aplicarse polo incumplimento do Goberno local ao non ser publicado dito acordo no BOPPO para que entre en vigor e, polo tanto, poder aplicar ditas bonificacións logo de dous anos de atrasos".

Amais de esixir no pleno deste xoves a publicación no BOPPO, ACiP pedirá tamén "a devolución do recadado dende o ano 2017 en que foi aprobada dita bonificación polo Pleno" e a maiores, sinala o portavoz Juan Carlos González Carrera, "esixiremos responsabilidades políticas".