O Concello de Ponteareas fai público o fallo do certame de fotografía

"Tradición nun manto de flores" de Yaiza López Torres, resultou gañadora do certame de fotografía "Tradición nun manto de flores" de Yaiza López Torres, resultou gañadora do certame de fotografía

Yaiza López Torres, Iván Amoedo Troncoso e Damián Álvarez González son os gañadores do Concurso de Fotografía convocado polo concello de Ponteareas e o que, todas as fotografías que participaron nel, serán expostas na Biblioteca Municipal a partir do martes 8 de setembro.

O Concello de Ponteareas vén de facer público o fallo do primeiro certame de fotografía amateur organizado polo propio consistorio. O xurado acordou entregar o primeiro premio a Yaiza López Torres pola súa obra “Tradición nun manto de flores”; o segundo a Iván Amoedo Troncoso pola súa imaxe “Simetrías na noite”; e o terceiro galardón a Damián Álvarez González pola súa fotografía “De cruces”.

premio fotografia segundo

"Simetrías na noite" de Iván Amoedo Troncoso. Segundo Premio.

Todas as fotografías presentadas ao certame, un total de 17, serán obxecto dunha exposición que terá lugar na Sala Multiusos da Biblioteca Municipal a partir do 8 de setembro.

premio fotografia terceiro

"De cruces" de Damián Álvarez González. Terceiro Premio

A concellería de Cultura, xestionada por Hortensia Bautista, quere agradecer a participación de todos os concursantes, cos que “agarda seguir colaborando en vindeiras edicións”.