Presentación de “(No) Meio (do) Oriente”

De esquerda a dereita, o escritor Artur Alonso, o concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro Fernández e a editora do libro De esquerda a dereita, o escritor Artur Alonso, o concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro Fernández e a editora do libro

O escritor Artur Alonso Novelhe presentou en Ponteareas o seu último libro, titulado “(No) Meio (do) Oriente”, libro de teatro no que a través da personaxe principal –Carlos– pescuda nas eternas preguntas que desde sempre se fai a humanidade, sobre a morte ou sobre o amor…

A presentación, que tivo lugar na Biblioteca Pública Municipal, correu a cargo do concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro Fernández, así como da editora deste libro de teatro, a que resaltou a importancia das editoriais pequenas como canles de expresión dos autores.

Pola súa banda, o edil de Cultura, Andrés Sampedro, manifestou a satisfacción de poder acoller na Biblioteca Municipal de Ponteareas a presentación de novas obras literarias, así como o compromiso do Concello de Ponteareas de colaborar, mercando algúns exemplares que formarán parte dos fondos da Biblioteca Pública Municipal para que poida estar a disposición de todos os veciños.
Esta presentación encádranse dentro dos actos que desde a Concellería de Cultura do Concello de Ponteareas se están levando a cabo na Biblioteca Pública Municipal, co gallo do Día Internacional do Libro Infantil, o Día Mundial da Propiedade Intelectual e Día Internacional do Libro, que se conmemoran no mes de abril