Ponteareas premia a "La Inmaculada" é a Banda Xuvenil de Xinzo

O xurado dos Premios “Concello de Ponteareas 2014”, composto por diversos colectivos e asociacións, acordou conceder este galardón, no eido social, ao Colexio de “La Inmaculada” de Ponteareas, mentres que no apartado cultural, decidiuse premia o traballo realizado pola Banda de Música Xuvenil de Xinzo.

Estes Premios “Concello de Ponteareas” teñen por obxecto exaltar e galardoar a traxectoria de persoas e colectivos que se distinguisen en calquera actividade humana, comportamento exemplar e virtudes cívicas, así como pola trascendencia e importancia das súas contribucións á sociedade. Estes galardóns concédense en cinco apartados distintos, como son o eido Empresarial, Comercial, Deportivo, Social e Cultural.

No eido Social, o galardón recaeu no Colexio de “La Inmaculada” de Ponteareas polo labor social que vén desenvolvendo desde os primeiros anos do século XX e, no apartado Cultural, a Banda de Música Xuvenil de Xinzo foi a merecedora deste galardón pola súa contribución ao patrimonio musical e cultural ao longo da súa historia.

Os Premios “Concello de Ponteareas 2014” entregaranse o vindeiro sábado, día 2 de maio, no Auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas, ás 21:00 horas.