Logo
Imprimir esta página

Éxito de participación da primeira edición de Pentagrama musical

A Concellería de Comercio, Hostalería e Consumo do Concello de Ponteareas, que xestiona a socialista Inés Vidal, amosou o seu agradecemento "a todos e todas as participantes na primeira edición de Pentragrama musical o seu bo traballo e a ilusión depositada conseguindo que resultara todo un éxito". O I Pentagrama musical congregou a visitantes e clientela habitual que non dubidaron en salientar a orixinalidade da idea e a súa satisfacción pola oportunidade de escoitar música en directo.

Foron en total noventa microconcertos de quince minutos, os que encheron de notas musicais de moi variados estilos os vinte bares que participaron na iniciativa. Inés Vidal fai un "balance positivo" desta primeira edición e adianta que o pentagrama musical volverá á hostalería da cidade nos vindeiros meses.

pentagrama musical 01

“Tanto os locais participantes como a clientela fixéronnos chegar os seus parabéns e agradecementos por esta ocasión única de escoitar música tocada á banda en directo, ─apuntou a concelleira─ a mín so me queda dar as grazas a todos os establecementos que participaron, aos clientes e aos músicos da Banda Xuvenil de Xinzo e do conservatorio municipal que xuntos fixeron que fora todo un éxito”.

pentagrama musical 02

Para a concelleira de Comercio e Hostalería é fundamental traballar en equipo con todos os emprendedores, comerciantes e praceiros conectándoos co resto dos axentes sociais da cidade e facendo que a suma de esforzos e potenciais resulten un gancho atractivo para a clientela. "Promocionar o atractivos dos negocios locais e ampliar a oferta de calidade é o primeiro obxectivo marcado na axenda desta concellería", afirmou Inés Vidal.

Pola súa parte, o presidenta da Banda de Música Xuvenil de Xinzo quixo agradecer "as facilidades que se lles deu na realización dos microconcertos e á iniciativa novidosa da concellería que permite a promoción e difusión da música e da cultura ponteareá".

© 2015 Comarcasnarede.es Todos los derechos reservados