Ponteareas

Ponteareas publica as bases para participar na XIII Feira dos Remedios

Cristina Fernández, concelleira responsable da organización de espectáculos e eventos do Concello de Ponteareas, informou da publicación, na web do Concello, das bases que rexerán a participación na XIII Feira Tradicional dos Remedios que terá lugar o 7 de setembro. Como cada ano a Praza Bugallal, así como a súa contorna, acollerá entre as 10 h e as 20 horas os postos dos artesáns e expositores participantes. Este ano a Feira ampliarase e chegará tamén ao parque da Feira Vella.

Ponteareas concede 150.000 euros de axudas ás traídas veciñais de auga

O Concello de Ponteareas vén de conceder 150.000 euros en axudas ás traídas veciñais da localidade. Así o anunciou o alcalde Xosé Represas quen salientou a importancia destes colectivos “que se encargan desinteresadamente de asegurar un servizo básico e de calidade para a poboación como é o abastecemento de auga”. Represas lembrou que “con esta concesión dase continuidade a un apoio que iniciamos o ano pasado e que se manterá durante todo este mandato”.

Ponteareas mellora o procedemento para autorizar espectáculos públicos

O concelleiro de Bo Goberno, Transparencia e Participación Cidadá, Roberto Mera, manterá un encontro con colectivos sociais e hosteleiros que promoven a celebración de espectáculos públicos. O obxecto desta reunión –que terá lugar o vindeiro martes ás 20:30 h, na sala multiusos do Auditorio Reveriano Soutullo–, é informar sobre o procedemento de autorización de espectáculos en espazos públicos e presentarlle o formulario deseñado para a solicitude de espazos públicos.

Os libros, en Ponteareas, saen ás rúas

A concellería de Cultura e Lingua do Concello de Ponteareas, que dirixe Fernando Groba, vén de instalar catro puntos de lectura ou catro 'casiñas' con libros viaxeiros, en outros tantos puntos da vila e que permitirán, segundo o Concello ponteareán, "encher de creatividade os momentos de lecer". É un xeito de que a Biblioteca Municipal, saia do seu entorno habitual e, literalmente, saia ás rúas.

Ponteareas inaugura o parque de calistenia e workout

O concello de Ponteareas convida a toda a veciñanza á inauguración do parque de calistenia e street workout que terá lugar este venres día 19 de xullo ás 19:00 horas no parque Ferro-Ucha. Esta nova zona deportiva financiouse con fondos propios cun custo total de 22.709 € e conta con 210 metros cadrados, no que se inclúe un parque de calistenia de 180 metros cadrados e un circuito aeróbico de 80 metros cadrados.

Ponteareas elaborará un Plan de Convivencia e Civismo para mellorar a calidade de vida

O Concelleiro de Bo Goberno, Roberto Mera, anunciou o inicio dos traballos de elaboración dun Plan Convivencia e Civismo dirixido a garantir o respecto ás normas cívicas e de convivencia que deben rexer a relación entre as persoas e o uso dos espazos públicos en Ponteareas. Mera sinalou que “neste mandato estamos decididos a abordar dunha vez os numerosos problemas de convivencia e de condutas incívicas que afectan á calidade de vida, a seguridade e a saúde dos ponteareáns".

Suscribirse a este canal RSS