Ponteareas

O Concello denuncia actos de sabotaxe na iluminación pública

O Concello de Ponteareas denuncia que durante varias semanas se están producindo sabotaxes nos cadros eléctricos do sistema de iluminación pública en diferentes parroquias do municipio, e tamén no casco urbano, detectándose manipulacións nos cadros eléctricos, rotura de portas, roubo de fusibles e material do cadros, así como a desconexión dos mesmos. Dende o Concello pídese a colaboración veciñal, imprescindible para identificar aos autores de ditos actos.

O BNG rexeita a eliminación de paradas de autobús no Condado

A supresión de catro paradas de autobús na liña denominada Ribarteme (San Xosé)-As Neves-Taboexa-Ponteareas vén de espertar a indignación entre os usuarios da liña, moitos deles estudantes que non teñen outro medio de transporte para achegarse a Ponteareas e outros moitos, persoas da terceira idade que utilizan o transporte público para acudir ás citas médicas.

CxG apoia o informe de mínimos de Ponte Solidario

Compromiso asinou o informe de mínimos de PonteSolidario, e apoia a concentración convocada para hoxe, martes 17 ás 19.30 horas diante da Casa do Concello de Ponteareas, anterior ao pleno onde se debaterá a moción presentada polo colectivo. Para a candidata a alcaldía de Ponteareas de CxG, Sandra Araúxo, Ponte Solidario está a realizar unha excelente labor "suplindo a que tería que facer unha administración local totalmente carente de ideas e iniciativas".

Día Internacional da Muller en Ponteareas

O salón de sesións do Concello de Ponteareas acolleu o acto institucional conmemorativo do Día Internacional da Muller coa finalidade de homenaxear e visibilizar a todas as mulleres. No decurso dos actos, a ponteareá Marcelina Guisande Nogueira foi homenaxeada por toda unha vida de traballo, unha homenaxe que se quixo facer extensiva a todas as mulleres.

Ponteareas substitúe máis de 650 colectores das parroquias

O Concello de Ponteareas procederá á renovación completa do parque de vehículos, maquinaria e demais equipamento do Servizo de Limpeza e Recollida do Lixo para prestar un mellor servizo á cidadanía. Así nestes días estase a proceder á substitución dos colectores de residuos sólidos urbanos das parroquias, instalando 656 novos colectores, dun total de 800 instalados no rural.

Ponteareas premiada no Salón Galego da Gastronomía

A directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro Domínguez, entregoulle, onte domingo, ao stand e restaurante “Vila do Corpus-Ponteareas”, de Cátering Galicia, o Primeiro Premio ao mellor restaurante e stand na XVI edición do Salón Galego da Gastronomía e Turismo, Xantar 2015”, que tivo lugar desde o día 4 ao 8 de marzo de 2015 en Ourense.

Suscribirse a este canal RSS