Ponteareas

A Asociación de Alfombristas de Ponteareas realizará unha alfombra floral en Valladolid

A Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas, foi convidada polo Concello de Valladolid para participar na festa da Virxe de San Lorenzo, para o que elaborará unha alfombra na Praza Maior da capital castelá. Para iso compoñentes da Asociación de Alfombristas de Ponteareas viaxarán o próximo día 7 de setembro a Valladolid para, de xeito conxunto cos alfombristas vallisoletanos, confeccionar unha alfombra de 200 m2.

Ponteareas achega aos máis peques ao Mercado Municipal a través de curso de cociña

A concellería de Promoción Económica do Concello de Ponteareas, que dirixe Eva Gil, colabora con Banastra na promoción da praza de abastos como punto de referencia de produtos frescos e de calidade. A praza de abastos, que conta con aparcamento para a clientela, ofrece proximidade e o asesoramento dos profesionais que están ao frente dos postos, ofrecendo prezos competitivos e unha ampla variedade de produtos.

Ponteareas recibe, un ano máis, aos nenos e nenas saharauís

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e a tenente de alcalde e concelleira de Ensino e Eventos, Cristina Fernández, recibirón hoxe no salón de plenos da Casa do Concello aos nenos e nenas que pasarán o verán en Ponteareas grazas ao programa «Vacacións en paz» promovido pola asociación Solidarieade Galega co Pobo Saharaui. Ata o mes de setembro, nenos e nenas vivirán con familias ponteareás ás que alcalde e tenente de alcalde agradecen a súa xenerosidade.

Brillante papel das nadadoras alevíns do C.N. Ponteareas nos Campionatos de España

O club natacion Ponteareas participou no Campionato de España Alevin cun equipo formado exclusivamente por 4 nadadoras, que acreditaran marcas mínimas para poder participar nesta competición, na que se dan cita as mellores nadadoras e nadadores do panorama nacional, de idades comprendidas entre os 12 e 13 anos. As nadadoras ponteareás conseguían rematar a competición nun extraordinario quinto posto dun total de 117 equipos femininos que participaban nesta importante cita deportiva.

Éxito da campaña «Agresión Off» da Concellería de Igualdade no Rock in Río Tea

A concellería de Benestar Social e Igualdade do concello de Ponteareas valorou de xeito moi positivo a campaña «Agresión Off» que promoveu no parque da Feira Vella durante a celebración do «Rock in Rio Tea» esta pasada fin de semana. En colaboración coa organización, a concellaría que dirixe Verónica Carrera, instalou un punto de información no que se realizaron enquisas e se ofreceu información todo o relativo ás agresións sexuais co obxectivo de achegar a mensaxe da importancia de cultivar vínculos de respecto nas relacións.

Suscribirse a este canal RSS