Salvaterra de Miño

María Miranda do CPA Condado de Salvaterra, subcampiona galega benxamín

O Club Patinaxe Artística condado de Salvaterra acadou unha medalla no transcurso do Campionato Galego nas categorías Benxamín, Alevín e Infantil que se disputou en Gondomar. Na categoría Benxamín, Marta Fraga, do CPA Maxia da Coruña conseguia o ouro mentres que a prata e o título de subcampiona galega era para a patinadora María Miranda García do CPA Condado de Salvaterra. Carla Corral, do Lenda da Coruña, facíase coa medalla de bronce.

O Pleno de Salvaterra solicita o Grao en Enoloxía para a Universidade de Vigo

O Pleno do Concello de Salvaterra aprobou, por unanimidade, unha proposta do goberno que dirixe Marta Valcárcel, pola que se solicitará á Xunta de Galicia que realice os trámites precisos ante o Consello Galego de Universidades e o Ministerio de Educación e Formación Profesional, para a implantación do grado en Enoloxía na Universidade de Vigo, unha iniciativa que está avaliada polo gran peso que ten a DO Rías Baixas e a subzona do Condado do Tea.

Marta Valcárcel presenta o proxecto de ampliación da Escola Infantil de Salvaterra

A alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel Gómez, vén de reunirse co xerente do Consorcio Galego de Sevizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez Muíños, para presentarlle o proxecto de máis de 200.000 € para a ampliación da Escola Infantil de Salvaterra. Un proxecto que contempla  unha ampliación de dúas unidades, creando así ata 35 prazas máis.

Marta Valcárcel presenta o programa de actividades «Vive agosto en Salvaterra»

A alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel Gómez, vén de presentar a programación que, durante o mes de agosto, ofrecerá o Concello e que se desenvolverá baixo o lema «Vive agosto en Salvaterra». A programación cultural presentada, como xa é habitual no concello fronteirizo, é "variada, para todos os gustos e idades, un programa feito e pensado para desfrutar en familia", sinala a rexedora local. Valcárcel subliña o feito de que é unha "programación cultural de calidade, con propostas diversas e cargada de actividades e festas".

Salvaterra facilita a conciliación familiar e laboral cos campamentos de verán

Este pasado luns daba, en Salvaterra de Miño, a segunda quincena do Campamento de Verán, unha iniciativa enmarcada no programa de conciliación familiar que desenvolve o Concello que preside Marta Valcárcel. "Este Concello leva anos traballando en diferentes accións e programas de conciliación familiar e laboral, que se desenvolven durante todo o ano, se ben é verdade que é sobre todo na época estival onde se fai un esforzo máis salientable, xa que é a época mais difícil para a propia conciliación", explica a rexedora municipal.

Suscribirse a este canal RSS