Magnifica actuación do C.P.A. Condado no Campionato de Grupos Show de Alacante

O Club Patinaxe Artística Condado de Salvaterra de Miño asinou, o pasado 22 de marzo en Alcoy (Alacante) un extraordinario papel no Campionato de España de Grupos Show Junior. O club do Condado foi quen de clasificarse no top ten rematando a competición en noveno posto entre un total de 20 equipos que participaban nesta esixente competición

Coa súa coreografía 'Vogue', o CPA Condado, actual subcampión galego, acadou un total de 67,60 puntos. A representación galega nestes campionatos de España a completaban o Campus Stellae de Santiago de Compostela, actual campión galego, que remataba na oitava praza; o Ribex de Tui que remataba noveno e o Fontiñas de Santiago que acadaba a décimo terceira posición.