Lazoiro exhibe 'Xentes da Raia', documental sobre as relacións Salvaterra-Monção

A posta en funcionamento do transbordador por cable entre Salvaterra de Monção, marcou toda unha nova época A posta en funcionamento do transbordador por cable entre Salvaterra de Monção, marcou toda unha nova época

xentes da raia

Lazoiro vén de publicar a curta-documental 'Xentes da Raia', proxectada no ano 2018 no Festival Internacional de Cine de Autor de Lugo. O traballo ofrece unha excelente perspectiva sobre as relacións entre Salvaterra e Monção antes da Ponte Internacional.

Presentada o ano 2017 na exposición que levaba por título o mesmo nome que a curta, para tratar as relacións entre as dúas vilas, estivo ata fai pouco tempo presentándose en festivais, sendo proxectada o ano 2018 no Festival Internacional de Cine de Autor de Lugo, no ciclo de Cine Galego.

A curtametraxe Xentes da Raia, integramente xestionada e financiada por Lazoiro, sendo dirixida polo socio Gonzalo Castro Martínez e onde tamén participa o socio Alberto Grandal Martínez conta cunha serie de conversas que relatan as vivencias relacionadas coa “raia”, onde participan veciños de Monção e Salvatrra.

Un dos participantes foi barqueiro na fraguesía de Cortes en Monção e relata moitos de problemas que había para cruzar a Salvaterra.