Marta Valcárcel presenta o proxecto de ampliación da Escola Infantil de Salvaterra

A alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel Gómez, vén de reunirse co xerente do Consorcio Galego de Sevizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez Muíños, para presentarlle o proxecto de máis de 200.000 € para a ampliación da Escola Infantil de Salvaterra. Un proxecto que contempla  unha ampliación de dúas unidades, creando así ata 35 prazas máis.

Dúas aulas adaptadas a diferentes tramos de idade, dependendo da demanda, pasando de 63 a máis de 90 prazas necesarias, sinalou Marta Valcárcel, "para un Concello en pleno crecemento, que a día de hoxe ten unha poboación infantil de 0 a 3 anos de máis de 250 nenos e nenas".

A alcaldesa de Salvaterra salientou o feito que "este é un dos poucos Concellos que, a día de hoxe, co problema de envellecemento e despoboamento no rural, consegue non só manter poboación, senón crecer, e un claro exemplo é o nacemento nos últimos tres anos de máis de 250 nenos e nenas e o numeroso número de xente nova que cada ano decide vir vivir ao noso municipio, en gran medida debido a calidade de vida que se encontran aquí en Salvaterra de Miño".

Ese crecemento ten moito que ver, sinala a rexedora local, "coa calidade de vida que ofrece este concello que non atoparán noutro lugar" e salientou a existencia de amplas zonas verdes, o Parque Público A Canuda, máis de 40 km de sendas polos ríos, zonas deportivas, wiffi gratuíta, campamentos de conciliación e unha ampla oferta cultural, entre outras moitas cousas.