María Miranda do CPA Condado de Salvaterra, subcampiona galega benxamín

Podio Benxamín feminino con Marta Fraga, do CPA Maxia da Coruña; María Miranda García do CPA Condado de Salvaterra e Carla Corral, do Lenda da Coruña Podio Benxamín feminino con Marta Fraga, do CPA Maxia da Coruña; María Miranda García do CPA Condado de Salvaterra e Carla Corral, do Lenda da Coruña

O Club Patinaxe Artística condado de Salvaterra acadou unha medalla no transcurso do Campionato Galego nas categorías Benxamín, Alevín e Infantil que se disputou en Gondomar. Na categoría Benxamín, Marta Fraga, do CPA Maxia da Coruña conseguia o ouro mentres que a prata e o título de subcampiona galega era para a patinadora María Miranda García do CPA Condado de Salvaterra. Carla Corral, do Lenda da Coruña, facíase coa medalla de bronce.

cpa condado campionato galego benxamin equipo afeccion

Equipo do CPA Condado de Salvaterra de Miño

No que fai referencia á categoría Alevín Femino, as patinadoras coruñesas non deixaban opción e acadaban os tres lugares do caixón: Olivia Rey do CP Oleiros, Lucía Deus do Galia e Xiana Royo do CP Oleiros. En Alevín masculino o ouro tamén quedaba en terras coruñesas co patinador Lois Rivas, do Raiola do Ferrol.

cpa condado campionato galego benxamin podio infantil feminino

Podio Infantil Feminino

En Infantil Feminino, Sofía Costa e Noa Álvarez, ámbalas dúas do CPA Gondomar, facíanse co ouro e prata respectivamente, quedando o bronce para a patinadora do Club Ribeira da Coruña, Daniela Siero.

cpa condado campionato galego benxamin podio infantil masculino

Podio Infanil Masculino

Finalmente, na categoría Infantil Masculino, Joel Ribeiro, do CPA Gondomar, facíase co ouro e o título de Campión Galego. Unai Cereijo do CPA Maxia proclamábase subcampión galego e Diego Íñiguez, do Axel Arteixo da Coruña, facíase co bronce.