Morre unha moza de 26 anos nunha colisión en Salvaterra

Os servizos de emerxencia sanitaria achegados ao lugar do sinistro, non puideron facer nada por salvar a vida da condutora do Opel Os servizos de emerxencia sanitaria achegados ao lugar do sinistro, non puideron facer nada por salvar a vida da condutora do Opel

Unha moza de 26 anos de idade morreu na mañá de hoxe ao colisionar o Opel Corsa que conducía contra un Peugeot Partner na coñecida como recta de Fornelos, no concello de Salvaterra de Miño.

Os feitos acontecían ao redor das oito da mañá cando o Opel Corsa que conducía a moza falecida, que circulaba en dirección Ponteareas-Salvaterra, invadiu o carril contrario á altura da coñecida como recta de Fornelos, no municipio de Salvaterra de Miño, para, segundo as testemuñas, esquivar un gato que saíu de súpeto á calzada.

accidente salvaterra01Nese intento de evitar o atropelo do animal, o Opel cruzábase no carril contrario, colisionando co Peugeot Partner de reparto de pan que circulaba en dirección contraria e que nada puido facer por evitar o accidente, alcanzando ao Opel polo costado dereito.

Os servizos de emerxencia sanitaria desprazados ao lugar dos feitos trataron, sen éxito, de reanimar a condutora que estaba atrapada dentro do vehículo, falecendo no lugar do sinistro.

Os bombeiros de Ponteareas, avisados por emerxencias 112, e que posúen unha unidade especializada en excarceración, procederon a sacar a vítima do vehículo accidentado. O condutor do outro vehículo, foi trasladado por unha ambulancia asistencial ao hospital do Perpetuo Socorro de Vigo, onde permanece en observación.

O lugar do sinistro, a recta de Fornelos, é un lugar que, en principio, non reviste especial perigosidade, xa que se trata dunha recta longa, con moita visibilidade e velocidade limitada.