Salvaterra presenta un amplo programa de actividades con motivo das Letras Galegas

Musica, teatro, poemas pero sobre todo moita diversión para os máis cativos, é parte do programa de actividades que o Concello de Salvaterra de Miño ten programadas para celebrar o Día das Letras Galegas. A tenente de alcalde, Marta Válcarcel Gómez, presentaba esta programación que cualificaba de "diversa que intenta atraer a todos os públicos, pero sobre todo os nenos e nenas do municipio".

As actividades darán comenzo o venres 12 de maio na Praza do Concello, cunha actividade Infantil que rematará coa lectura de diversos poemas de Carlos Casares. O Sábado 20 de maio ás 19 horas, a coral Cantemos organiza un concerto de Corais. Cantemos vén de quedar segunda clasificada no Festival Internacional Juvenil de Habaneras de Torrevieja, un dos certames máis prestixiosos de Europa ao que a coral ponteareá acudía por primeira vez.

O sábado día 27 de maio, Raquel Castro presentará das dúas novas obras de teatro e, deseguido, representación da súa obra teatral Planeta Bugallo. As actividades pecharanse co Festival de Bandas Xuvenis que se terá lugar o domingo 28 de maio no Parque Público A Canuda, onde se contará coa actuación das Bandas de Música das Escolas de Belesar de Baiona, de Porriño e de Salvaterra de Miño.