Salvaterra de Miño convoca os 'Premios de Educación-Curso 2016/2017'

A tenente de alcalde de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, na presentación dos premios A tenente de alcalde de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, na presentación dos premios

O Concello de Salvaterra de Miño vén de aprobar, en Xunta de Goberno Local, as bases da duodécima convocatoria dos “Premios de Educación–Curso 2016/2017”, que inclúe tres viaxes a Reino Unido. Segundo explicou a tenente de Alcalde, Marta Valcárcel, na presentación dos premios, "Salvaterra foi un dos primeiros, e dos poucos Concellos, que premia a excelencia académica". Así, "dende fai máis dunha década premia o esforzo e a dedicación dos e das estudantes do seu municipio".

Estas becas ou premios nacen co ánimo de incentivar o estudio e reforzar actitudes e hábitos relacionados co traballo, esforzo, participación e convivencia entre os mozos e mozas, xa que será a base do seu futuro. Toman parte neste concurso o alumnado do Instituto de Educación Secundaria e dos tres Centros de Educación Primaria de Salvaterra (CEIP Infante Felipe, CEIP de Leirado e CEP Carlos Casares).

premios educacion 2017 01

Establecéndose como premios, por un lado, catorce lotes informáticos compostos por unha Tablet Samsung TAB 6 10,1”, con funda, memoria e powerbank, para os alumnos e alumnas do 2º Ciclo Formativo de Grao Medio de Caldeirería e Soldadura, FP básica, 4º da ESO do IES Salvaterra e os alumnos e alumnas de 6ª de Primaria do CEIP Infante Felipe, CEIP de Leirado e CEP Carlos Casares.

Ademais convócanse tres bolsas de estudios que consistirán nunha viaxe de tres semanas a Reino Unido, na localidade de Worthing (na costa sur do país) co obxecto de perfeccionar a lingua inglesa, que inclúe a viaxe de ida e volta, aloxamento en familia en réxime de pensión completa, curso de inglés Xeral de 3 semanas, material escolar, certificado de asistencia, actividades, tarxeta de transporte e seguros, para o alumnado de 2º de Bacharelato.