Salvaterra de Miño

Salvaterra inicia os trámites para a creación dun «Museo Internacional do Ferrocarril»

A Xunta de Goberno do Concello de Salvaterra vén de solicitar a Renfe, a cesión das dependencias ferroviarias e o terreo e antiga zona do peirao que integraban a Estación de Ferrocarril, co obxecto de crear nestas instalacións o «Museo Internacional do Ferrocarril», unha iniciativa coa que o Concello busca poñer en valor o que o sector ferroviario representou para a Comarca do Condado en xeral e para o municipio en particular.

A Xunta investirá 2,3 millóns de euros en dúas obras de saneamento en Salvaterra

A Conselleira de Infraestructuras e Medio Ambiento, Ethel Vázquez, e o alcalde de Salvaterra, Arturo Grandal, asinaron no salón de plenos do Concello, a realización das obras de saneamento de Oleiros e a depuradora do río Mendo cun orzamento de 2,3 millones de euros. As obras que se van a acometer con este orzamento supoñen a construción dunha rede de saneamento na parroquia de Oleiros que conta aproximadamente 500 habitantes e 11 núcleos de poboación.

Charla en Salvaterra sobre a importancia das trampas na loita contra a vespa velutina

O Salón de Actos da Casa do Concello de Salvaterra de Miño acollerá, o venres 1 de marzo ás 19 horas, unha charla sobre a importancia do 'trampeo' na loita contra a vespa velutina. A charla estará impartida por María Esther Ordóñez Dios, veterinaria da Agrupación Apícola de Galicia. A todas as persoas que asistan á charla, entregaráselles unha trampa para vespas velutinas e unha monodose de atrainte para ditas trampas.

Rocío Bernárdez: “Salvaterra ten que mudar, mirar para dentro e pensar na cidadanía"

A candidata socialista ao concello de Salvaterra do Miño, Rocío Bernárdez, encheu a Casa da Cultura do Concello na súa presentación oficial, na que pediu “un cambio urxente de rumbo” para o concello. “Salvaterra ten que mudar, mirar para dentro e pensar na cidadanía; precisa dun goberno competente, que forneza ao concello dos servizos que precisa e que aposte por un urbanismo moderno e atractivo para captar e fixar poboación”.

O incremento de natalidade en Salvaterra obriga a unha ampliación da escola infantil

O incremento da natalidade en Salvaterra de Miño –257 nenos e nenas nos últimos 3 anos– fai necesaria, segundo o Goberno local, "unha ampliación dá Gardería Infantil pertencente á Galiña Azul" que conta na actualidade con 63 prazas. Así llo transmitiu a tenente de alcalde, Marta Valcárcel, ao xerente do Consorcio de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, na última visita que este realizou á Escola Infantil do municipio.

Suscribirse a este canal RSS