Salvaterra de Miño

O BNG de Salvaterra presenta á candidatura e o programa de goberno

O vindeiro sábado 16 ás 21:00 na casa multiúsos de Salvaterra a candidata polo BNG, Marta Pérez Gil fará a presentación do programa e candidatura dos nacionalistas, seguidamente intervirá a deputada do parlamento galego Ana Pontón Mondelo, pechando o acto mesmo, o candidato á alcaldía de Salvaterra de Miño, Xosé Antón Outeiro González (Tití).

Lazoiro, propostas de mellora medioambiental para Salvaterra

A asociación Lazoiro de Salvaterra de Miño, presentou no Concello de Salvaterra máis de 20 propostas de mellora medioambiental do municipio, logo de observar unha serie de actuacións e situacións relacionadas co medioambiente do municipio que, afirman, “consideramos, non só como irregularidades a respecto das leis vixentes, senón de profundo dano cara os nosos arredores naturais”.

A SCD Condado celebra a Festa dos Maios

A Sociedade Cultural e Desportiva (SCD) do Condado consolida este ano a celebración dunha festa que viu recuperar no ano 2012: os Maios. Esta festa com a que se da a benvida á primavera, celebrase durante toda a xornada do sábado 9 de maio en Salvaterra de Miño, e inclúe diferentes actividades para todas as idades.

Cea-concerto con Pédêpötè

A Sociedade Cultural e Desportiva (SCD) do Condado organiza, este sábado, unha cea-concerto co grupo Pédèpöte co obectivo de recadar fondos para a organización do vindeiro Festival da Poesía. A Cea-Concerto terá lugar na Casa da Cultura de Salvaterra de Miño a partir das 21:30 horas do sábado 11 de abril.

Suscribirse a este canal RSS