CxG apoia o informe de mínimos de Ponte Solidario

Compromiso asinou o informe de mínimos de PonteSolidario, e apoia a concentración convocada para hoxe, martes 17 ás 19.30 horas diante da Casa do Concello de Ponteareas, anterior ao pleno onde se debaterá a moción presentada polo colectivo. Para a candidata a alcaldía de Ponteareas de CxG, Sandra Araúxo, Ponte Solidario está a realizar unha excelente labor "suplindo a que tería que facer unha administración local totalmente carente de ideas e iniciativas".

Día Internacional da Muller en Ponteareas

O salón de sesións do Concello de Ponteareas acolleu o acto institucional conmemorativo do Día Internacional da Muller coa finalidade de homenaxear e visibilizar a todas as mulleres. No decurso dos actos, a ponteareá Marcelina Guisande Nogueira foi homenaxeada por toda unha vida de traballo, unha homenaxe que se quixo facer extensiva a todas as mulleres.

Ponteareas substitúe máis de 650 colectores das parroquias

O Concello de Ponteareas procederá á renovación completa do parque de vehículos, maquinaria e demais equipamento do Servizo de Limpeza e Recollida do Lixo para prestar un mellor servizo á cidadanía. Así nestes días estase a proceder á substitución dos colectores de residuos sólidos urbanos das parroquias, instalando 656 novos colectores, dun total de 800 instalados no rural.

Ponteareas premiada no Salón Galego da Gastronomía

A directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro Domínguez, entregoulle, onte domingo, ao stand e restaurante “Vila do Corpus-Ponteareas”, de Cátering Galicia, o Primeiro Premio ao mellor restaurante e stand na XVI edición do Salón Galego da Gastronomía e Turismo, Xantar 2015”, que tivo lugar desde o día 4 ao 8 de marzo de 2015 en Ourense.

Suscribirse a este canal RSS