Ponteareas limita o horario dun concerto no Paseo Matutino atendendo ás queixas veciñais

Logo de anunciar a posta en marcha dun Plan de Convivencia e Civismo en Ponteareas, o concelleiro de Bo Goberno, Roberto Mera, adoptou unha primeira medida dirixida a conciliar o dereito ao ocio e o dereito ao descanso da veciñanza. O pasado 2 de xullo a Federación de Comercio e Hostelaría Banastra solicitou no Concello autorización para celebrar unha Festa Ibizenca o sábado 27 de xullo, con comezo ás oito da tarde e que concluiría cun concerto dun DJ na rúa Paseo Matutino entre as doce media da noite e as dúas da madrugada.

Entrega de diplomas do curso de Monitor de Fútbol Base en Ponteareas

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, entregou os diplomas do curso federativo de monitor de fútbol base. Acompañado do concelleiro de Mocidade, Miguel Bouzó, e de membros da Federación Galega de Fútbol, o rexedor local fixo entrega dos diplomas deste curso avaliado pola Escuela Nacional de Entrenadores da RFEF, que a súa vez permite a convalidación do Bloque de Prácticas a realizar cando efectúen o curso federativo adestrador básico de fútbol.

A Asociación de Alfombristas de Ponteareas realizará unha alfombra floral en Valladolid

A Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas, foi convidada polo Concello de Valladolid para participar na festa da Virxe de San Lorenzo, para o que elaborará unha alfombra na Praza Maior da capital castelá. Para iso compoñentes da Asociación de Alfombristas de Ponteareas viaxarán o próximo día 7 de setembro a Valladolid para, de xeito conxunto cos alfombristas vallisoletanos, confeccionar unha alfombra de 200 m2.

Marta Valcárcel presenta o proxecto de ampliación da Escola Infantil de Salvaterra

A alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel Gómez, vén de reunirse co xerente do Consorcio Galego de Sevizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez Muíños, para presentarlle o proxecto de máis de 200.000 € para a ampliación da Escola Infantil de Salvaterra. Un proxecto que contempla  unha ampliación de dúas unidades, creando así ata 35 prazas máis.

Suscribirse a este canal RSS