Logo
Imprimir esta página

Os períodos preelectorais, as prisas e a falta de memoria

As datas nas que andamos, de paz, ledicia e amizade, non o son tanto para aqueles que cos ollos fixos no calendario chegan a conta que, en cinco meses, terán que someterse ao examen que supoñen unhas eleccións municipais. É entón cando entran as presas, bótase a man a toda canta 'artillería' tense ao alcance e, de paso, pérdese polo camiño a memoria ou, cando menos, prégase aos santos da devoción de cada quen, que a veciñanza teña memoria fráxil, como así adoita acontecer.

Nestes días en Ponteareas, esperábase con expectación a famosa circunvalación que, dende hai cando menos cinco mandatos, sácase a paseo como se dunha santa ou santo milagreiro tratárase, paséase en procesión e, pasada da romería, volve a gardarse ata a seguinte vez que faga falta. Pero, a maiores da cirvunvalación, o Partido Popular saca agora a paseo o 'aparcadoiro soterrado'. Esta sí que é, para estas eleccións toda unha novidade.

No seu momento, Gobernando o PP e con González Solla como alcalde, fíxose unha tentativa —tímida— de facer un aparcadoiro soterrado na Praza de Bugallal —Praza da Igrexa para moitos e 'Plazuela' para os que xa vestimos canas—. Claro que, recen iniciada a crise, as empresas non estaban pola labor e o concurso proposto polo entón Goberno Popular, quedou deserto a pesar de que na prensa, no 2008, —o 15 de marzo para ser máis precisos ¡maldita hemerotéca!— o Goberno popular anunciaba que (sic...) "Según los cálculos oficiales y en caso de que se cumplan los plazos, el Concello calcula que el párking podría estar acabado para el año 2010".

A crise tivo a culpa? por suposto. Pero tamén a tivo o medo a ter que facer unha reordenación do tráfico de superficie que é o que solicita calquera empresa con dous dedos de frente, á hora de embarcarse nun proxecto de semellante envergadura, de cara a evitar que a xente non entre no parking e, por contra, haxa unha fila de coches estacionados en superficie en lugares marcados coa prohibición de estacionar. E xa se sabe que iso de prohibir o paso dos coches o PP o levaba bastante mal. Proba diso foi a estraña peonalización da rúa Oriente e Praza Maior, coa colocación de sinais de Prohibido Circular, e logo mirar para outro lado e que cada quen faga o que lle pete en gana.

Agora, co proceso electoral en marcha, o PP pide reactivar o proxecto do parking soterrado e di, textualmente, que "O parking podería facerse soterrado, debaixo da praza, pero para iso o Concello tería que buscar financiamento, algo que non fixeron". Alguén moito menos mal pensado que eu, engadiría que tempo dabondo tiveron dende o 2008 ata o 2015 e, por se fora pouco, anuncia que "fará un parking soterrado no centro do municipio —supoñemos que se referirá ao centro do casco urbano, porque no centro do municipio lonxe iba a quedar— se conta co respaldo dos veciños en maio de 2019". E va mais aló ao sinalar

 

 

© 2015 Comarcasnarede.es Todos los derechos reservados