A importancia de militar

Logo dun proceso electoral complexo e duns resultados electorais necesitados dunha profunda analise, hoxe xa temos moitas opinións ó respeto. Neste artigo non se pretende afondar ou dar unha opinión máis, senón reflexionar e pór en valor o esforzo voluntario que hai detrás de todo proceso e a importancia e necesidade de militar.

No BNG, organización na que milito, acabamos de vivir nestes comicios o chamado “efecto Pontón” que levou a organización a obter uns resultados máis que dignos. Un efecto de recuperación, produto non só do esforzo dunha persoa senón consecuencia, entendo, do traballo de moitos anos dunha militancia solidaria e comprometida, da cal a compañeira Ana Pontón forma parte.

A miña vida como militante comenza no sindicalismo, no sindicato nacionalista CIG, ante a necesidade de paliar os ataques e recortes de dereitos que estábamos e seguimos a sufrir a clase obreira. O facer miñas as problemáticas laboráis da xente, socialízame e fai que colla conciencia. Co tempo, medrou en min unha inquietude por entender a política e levoume a militar no BNG. Hoxe síntome sorprendida co conformismo, por non decir resignación ou derrotismo da xente e máis ainda cando escoito falar de aburrimento, de falta de ilusión. Pero como se pode vivir sen ilusión?

Si, sabemos que este mundo é imperfecto pero que é mellorable, pensemos na de cousas que podemos facer na vida diaria para mudar as políticas actuáis que estamos padecendo. Pensemos en todos eses actos que poderían invertir e debilitar o individualismo tan expandido nesta sociedade. Non só se fala de colaborar cunha organización política, ou con un sindicato, se non en calquer movemento asociativo (cultural, artístico, deportivo, aavv ,ong, plataformas...). O que ten que contar é a participación, o compromiso o “Militar en algo”.

Empecemos invertindo esa sensación de sentirmos traballadores realizados únicamente por unha remuneración a cambio. O esforzo, o traballo non só poden ter uns fins económicos. Ás persoas que militan ou colaboran, móvelles a ideoloxía, a conciencia e levar unha loita para construir un mundo máis solidario, máis xusto, para que isto non sexa unha fábrica de pobres, nin de explotadores.

Debemos compaxinar o traballo remunerado co traballo solidario. Este traballo ten que valernos para enriquecernos ideolóxicamente e facernos sentir mellores persoas.

Desde que empecei en política confiaba que a situación mudase moito antes, sabendo que os pasos ían ser curtos e lentos, pero os resultados deste domingo fan que sigamos nun mundo cheo de desigualdades, de corrupción e de mentiras.

Sin embargo, non me plantexo abandonar a loita se non máis ben dáme impulso e coraxe para seguir pelexando. Para sacar adiante un mundo máis igualitario para a nosa xeración a as que veñan detrás. “Militemos para transformar”.

Alba Fidalgo Bugarín
Responsable comarcal do BNG no Condado-Paradanta