A Deputación aproveita o festival «Sinsal Son Estrella Galicia» para loitar pola igualdade

A presidenta da Deputación, Carmela Silva e a deputada de Cohesión Social e Xuventude, Digna Rivas, no SinSal Son Estrella Galicia A presidenta da Deputación, Carmela Silva e a deputada de Cohesión Social e Xuventude, Digna Rivas, no SinSal Son Estrella Galicia

O Festival «SinSal Son Estrella Galicia» que se celebra no marco incomparable da Illa de San Simón e que hoxe remata é, sen dúbida, un festival que ten elementos que o fan único, como é o feito de que, por unha banda, o público só poida acceder ao recinto utilizando os barcos de que dispón a organización ─dada estraño nunha illa, por certo─ pero si o fai único o feito de que o cartel de artistas sexa absolutamente segredo e, os e as asistentes, tan so o coñezan unha vez que acceden ao recinto.

Queda claro que, entre outras cousas, a organización e o propio renome do festival garanten a calidade de todos os grupos participantes. SinSal Son é, además, un lugar extraordinario para desenvolver políticas activas de marcado caracter social. Así o considera a Deputación de Pontevdra que, aproveitando a celebración do festival e que estea incluído nos #RiasBaixasFests que promove a administración provincial, dará a coñecer entre o público a súas campañas #LembraEuDecidoTiRespectas e #ContaConmigoEuRespectote de loita contra as violencias machistas.

Aproveitando a celebración do festival, a Deputación da un paso máis cara a implicación dos mozos na campaña coa finalidade de que amosen o seu rexeitamento ante este tipo de conductas, que non sexan cómplices e que se sitúen fronte aos agresores promovendo relacións en igualdade baseadas no respecto.

Nese sentido, nas reunións previas ao «SinSal Son Estrella Galicia» a Deputación deu recomendacións para unha axeitada atención dende a perspectiva de xénero ás vítimas deste tipo de delitos e realizouse unha análise da resposta á hora de intervir, revisando os protocolos específicos de cada un dos ámbitos representados na reunión e apostando pola coordinación. Tamén se fixo énfase na importancia da perspectiva de xénero no marco dos traballos a realizar para garantir o normal desenvolvemento do festival e a seguridade das persoas participantes, amosando exemplos de boas prácticas e repasando os principais problemas que se atopan as e os profesionais á hora de intervir.