A piscina de Chapela ten novas taquillas e un equipo de TRX no ximnasio

As novas taquillas substitúen ás anteriores que se atopaban moi deterioradas xa que o material non era o idoneo para ambientes húmidos. As novas taquillas son fenólicas e teñen cerre por moneda para garantir a seguridade dos usuarios. As novas taquillas instaláronse en todos os vestiarios. Foron adquiridas polo concello con cargo a fondos propios por importe de 20.800 euros.

Así mesmo, a concesionaria da piscina (Aqualia) instalou un Equipo TRX para 20 persoas como novidade neste centro deportivo. O TRX é unha disciplina deportiva que se basa no propio peso corporal para facer exercicio, evitando moitas lesións.

O Concello remitiu xa no mes de abril á Deputación o proxecto de reparación das patoloxías da Pîscina de Chapela para incluilo dentro das obras que se financian cos cartos que lle corresponden de Redondela dentro de Plan Concellos 2018. Polo de agora o Concello se atopa á espera da resolución para poder licitar e executar as obras que contan con todos os permisos e o visto bo dos téncicos municipais.

Estas obras ascenden a 181.000 euros e inclúen a reaparación de todos os erros de construcción tras un estudio feito por técnicos das deficiencias que presenta este edicicio.