Digna Rivas pecha a campaña ás municipais en Chapela e Redondela

Digna Rivas, candidata do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Redondela, mantivo unha conversa cos veciños e veciñas na carpa situada ás portas do Centro de Saúde de Chapela Digna Rivas, candidata do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Redondela, mantivo unha conversa cos veciños e veciñas na carpa situada ás portas do Centro de Saúde de Chapela

A candidata a Alcaldía de Redondela polo PSdeG-PSOE, Digna Rivas, pechará a campaña das Municipais 2019 en Chapela e Redondela, logo de ter percorrido durante estes quince días, todas as parroquias redondelás mantendo encontros coa veciñanza e explicando, polo miúdo, o seu proxecto de Goberno. Ás 12:30 horas, Digna Rivas estivo na carpa que o PSdeG-Redondela tiña instalada diante do Centro de Saúde de Chapela. Alí, a candidata socialista falou cos veciños e veciñas e respondeu ás preguntas que estes e estas lles formularon.

Nese sentido cómpre lembrar que Digna Rivas optou por ese formato de proximidade e participación nos encontros desenvolvidos nas parroquias redondelás. “Non podería ser doutro xeito –asegurou Rivas– dado que para nós, un dos puntos básicos do noso programa de Goberno é a participación veciñal na vida pública a través do Concelleiro/a 22 que non é outro que a cidadanía con dereito a falar e a ser escoitada nos Plenos da Corporación”.

Xa pola tarde, ás 19 horas, Rivas continuará cos encontros veciñais, desta volta no Paseo Marítimo de Chapela para, dúas horas máis tarde, ás 21 horas, participar na cea mitin de peche de campaña que terá lugar no Convento de Vilavella, en Redondela, no que tamén participarán a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva e o secretario xeral do PSdeG-PSOE da provincia de Pontevedra, David Regades.