A Biblioteca de Chapela ofrece un contacontos para os máis cativos

A Biblioteca 'Xela Arias' de Chapela acolle, o luns 29 de xullo ás 11:30 horas un contacontos dirixido ás e aos máis cativos da casa. De feito, as Bibliotecas Municipais de Redondela cualifican a esta actividade como un 'bebecontos' que ten a finalidade de esperar, entre os máis pequerrechos, o gusto pola palabra e polos libros. 

A actividade correrá a cargo de Trémola Teato que ofrecerá ás e aos mais pequenos o contaconcos titulado Que animaliño é?, dirixido aos nenos e nenas con idades comprendidas entre os 6 meses e 4 anos.

Este bebecontos –que conta do apoio do programa Ler conta moito da Rede de Bibliotecas de Galicia– é totalmente de balde e con capacidade limitada, polo que é preciso realizar inscrición gratuita previa. Dita inscrición pode formalizarse na Biblioteca de Chapela (horario de verán: de luns a venres, de 9:00 h a 14:00 h), por teléfono no 986 454 226 ou no enderezo de correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.