Digna Rivas traslada á Xunta as demandas de Redondela en materia de Ensino

De esquerda a dereita, Olga García Ballesteros, concelleira de Ensino; Digna Rivas, alcaldesa de Redondela e César Pérez Ares, xefe territorial de Educación da Xunta de Galicia De esquerda a dereita, Olga García Ballesteros, concelleira de Ensino; Digna Rivas, alcaldesa de Redondela e César Pérez Ares, xefe territorial de Educación da Xunta de Galicia

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, acompañada pola concelleira de Ensino, Olga García Ballesteros, recibiu na Casa do Concello ao xefe territorial de Educación da Xunta de Galicia, César Pérez Ares, de cara a tratar temas de interese para ámbalas dúas administracións. En concreto, César Perez Ares interesouse polo situación dos permisos municipais que permitan á Consellería de Educación ampliar a instalacións do IES Pedro Floriani e dotalo dun novo módulo.

A Consellería tiña solicitado información urbanistica no mes de abril sobre a posibilidade da ampliación, pero o mesmo aínda non fora posto a dispoción da solicitante. Foi a propia alcadesa a que facilitou a informacion no decurso da reunion, “adoptaremos todas as medidas precisas para axilizar dito expediente xa que a ampliación do Pedro Floriani redunda en beneficio de todos os veciños e veciñas de Redondela”, asegurou a alcaldesa redondelá.

Doutra banda, a rexedora local aproveitou o encontro para poñer sobre a mesa as necesidades que teñen os centros escolares do municipio competencia da Xunta de Galicia e elaborar un plan de actuación para dar solución ás carencias que, en distintas áreas, poidan ter.

Alcaldesa e xefe territorial de Educación emprazáronse para unha nova reunión que tería lugar, previsiblemente, a finais de setembro ou comezos de outubro, xuntanza na que xa se tratarían temas específicos, achegaríanse propostas e estableceríase un calendario de actuacións.

Digna Rivas quixo, en todo caso, agradecer “a receptividade e predisposición que o xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, amosou cos temas propostos dende o Concello de Redondela”.