Dous feridos graves en un accidente de tráfico en Chapela

Dous mozos resultaron feridos graves nun accidente de tráfico que tivo lugar onte en Chapela, ao redor das once menos cuarto da noite, logo de chocar frontalmente dous vehiculos, un Peugeot 206 e un Mercedes, por causas que aínda están sendo investigadas pola Garda Civil de Tráfico.

O s feitos aconteceron pasadas as dez e media de onte martes, 14 de abril, cando un dos vehículos, aínda por determinar, invadiu o carril contrario chocando de fronte co outro e empotrándose, deseguido, contra un farol de alumeado público.

A resultas do impacto, un dos ocupantes do Peugeot 206, saíu despedido fora do coche, mentres que o outro ocupante tivo que ser sacado polos servizos de emerxencia que se achegaron ata o lugar do sinistro. Pola súa banda o condutor do outro vehículo implicado na colisión, un Mercedes, non resultou ferido.

Os feridos, en estado grave, foron trasladados a un centro sanitario da cidade de Vigo.