A piscina municipal de Redondela xa ten grúa para persoas con problemas de mobilidade

A piscina municipal conta xa cunha grúa eléctrica que permitirá a utilización desta instalación para as persoas con mobilidade reducida. Esta pasada semana remataban os traballos de instalación desta grúa, cuxo modelo corresponde ao solicitado no informe da terapeuta ocupacional do Centro de Atención ás Persoas con Discapacidade de Redondela da Consellería de Traballo e Benestar, no que detallaba un modelo específico que se adapta ás necesidades dos usuarios de cadeiras de rodas con graves problemas de mobilidade.

A grúa posibilita que incluso as persoas con mobilidade reducida puedan utilizar a piscina municipal, xa que a grúa instalada ofrece, ao mesmo tempo, unha grande estabilidade e facil manexo. O concelleiro de Deporte do Concello de Redondela, Julio Mougán, salientaba que a instalación desta grúa responde á unha iniciativa do Concello tendente a que "todas as persoas poidan acceder e gozar das nosas instalacións deportivas".

grua piscina02